EXPERIMENTO

CONCURSO DE TANGRAM





El ganador del concurso de 5º de Primaria ha sido Marcos Lorenzo Estévez


VIDEO DEL EXPERIMENTO

Si tiene dificultades para ver el video, espere y vuelva a intentarlo más tarde.

Redacción de la Semana de las Ciencias por Aroa Rey Pérez

Eu chámome Aroa, son de quinto de primaria e quérovos explicar o que fixemos na semana das Ciencias. O día 14 de novembro fixemos un xogo chamado Tangram. Consiste en 7 pezas coas que formamos figuras. Con esas pezas podes facer máis de 30000 formas distintas que poden ser de animais, persoas ou cousas. Este gran xogo é de orixe chinés e chamárono “Chi Chiao Pan”.
O día 15 de novembro fixemos un experimento que consistiu en conseguir que unha mazá ao abrila non se oxide. Intentamos facer varias probas con distintos produtos que eran:
1º Mergullar a mazá en anacos nun bote.
2º Mergullar a mazá en auga.
3º Mergullar a mazá en auga fervida.
4º Mergullar a mazá en Vitamina C.
5º Mergullar a mazá en zume de limón.
6º Mergullar a mazá en vinagre.

Todo saíu ben. Aos vinte minutos de espera, quedou todo como o esperabamos:
No caso 1º a mazá quedou completamente oxidada xa que estivera ao aire libre.
No caso 2º quedou un pouco menos oxidada xa que lle puxeramos auga, pero a auga non lle protexeu o suficiente.
No caso 3º a mazá quedou case branca porque lle botaramos auga fervida e a pecharamos cunha “tapa”.
No caso 4º quedou suficientemente branca, sen oxidar, porque lle engadiramos Vitamina C.
No caso 5º a mazá quedou moi branca porque lle puxeramos limón, e o limón ten Vitamina C.
No caso 6º quedou branca porque lle botaramos vinagre.

Conclusión: As froitas oxídanse menos se teñen ou lle engadimos Vitamina C ou vinagre.

Aroa Rey Pérez